Cuestionario Proust: Belén López

 Belén López

1.– Principal trazo do seu carácter?
– Optimismo e sociabilidade.
2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?
– Sinceridade e liberdade de pensamento.
3.– Que agarda das súas amizades?
– Que me respecten como son.
4.– A súa principal eiva?
– Son moi desordenada.
5.– A súa ocupación favorita?
– Ler e pasear pola natureza.
6.– O seu ideal de felicidade?
– Pasar un ano sabático entre o mar e a montaña, dedicada a ler, pasear e durmir.
7.– Cal sería a súa maior desgraza?
– A morte dun dos meus fillos.
8.– Que lle gustaría ser?
– Estou contenta co que son.
9.– En que país desexaría vivir?
– En Galiza.
10.– A súa cor favorita?
– Lila.
11. – A flor que máis lle gusta?
– Se serve a dunha árbore, a da mimosa, mágoa que sexa invasora.
12.– O paxaro que prefire?
– Peto ou picapau.
13.– A súa devoción na prosa?
– Gabriel García Márquez.
14.– E na poesía?
– Rosalía.
15.- Un libro?
Cien años de soledad, o libro que máis veces lin.
16.– Un heroe de ficción?
– Rañolas.
17.– Unha heroína?
– María Balteira.
18.– A súa música favorita?
– O blues en xeral.
19.– Na pintura?

20.– Un heroe ou heroína na vida real?
– Lidia Senra.
21.– O seu nome favorito?
– Aldara
22.– Que hábito alleo non soporta?
– A palabrería como medio para impoñer un criterio.
23.– O que máis odia?
– O cinismo
24.– A figura histórica que máis despreza?
– Non podo elixir, hai demasiadas.
25.– Un feito militar que admire?
– Ningún feito militar conseguiu eliminar a explotación e aumentar a felicidade humana.
26.– Que don natural lle gustaría ter?
– Ter tento ao expor as miñas opinións, ser máis moderada.
27. – De que maneira lle gustaría morrer?
– De golpe, de calquera enfermidade ou feito fulminante.
28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?
– Inestable.
29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?
– Non o pensei, hai moitos.
30.– Un lema na súa vida?
– Vive e deixa vivir.