O agarimo dos "Versos e aloumiños" de Antonio García Teijeiro

Déixome pasar a miúdo polo coidado blogue de Antonio García Teijeiro chamado Versos e aloumiños: unha bitácora suxestiva e plural, con novos contidos case acotío nas súas numerosas seccións que, para min, son sempre fonte limpa na que beber información sobre lecturas, música e outros temas, asediados e comentados sempre con vontade de estilo e ben  lonxe de estridencias. Por iso constituíu para min unha gratificante sorpresa o agarimo que supuxo incluírme nun dos seus traballados <<paseos poéticos>>,  coa memoria de Celso Emilio Ferreiro e Moraima en primeiro termo, a  presenza da auga e a literatura de nós ao fondo e a amizade sempre por medio. Beizón, Antonio.

2 Comments

  1. Na poesía, un dos poucos Mestres que coñezo. Como persoa, un marabilloso ser de luz, un ser irrepetible.

Os comentarios están pechados.