Cuestionario Proust: Luís Pousa

Luís Pousa

1.– Principal trazo do seu carácter?
-A curiosidade.
2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?
-Intelixencia
3.– Que agarda das súas amizades?
-Lealdade
4.– A súa principal eiva?
-A dispersión.
5.– A súa ocupación favorita?
– Ler.
6.– O seu ideal de felicidade?
– Un aperitivo coas miñas tres mulleres e un libro.
7.– Cal sería a súa maior desgraza?
– Non poder ler.
8.– Que lle gustaría ser?
-Diandeiro centro do F. C. Barcelona.
9.– En que país desexaría vivir?
-No país dos mil ríos.
10.– A súa cor favorita?
– A cor verdemoco do mar joyceano de Galicia.
11. – A flor que máis lle gusta?
– A margarida.
12.– O paxaro que prefire?
– O paporrubio.
13.– A súa devoción na prosa?
– James Joyce.
14.– E na poesía?
– Charles Bukowski.
15.- Un libro?
Poeta en Nueva York, de Federico García Lorca
16.– Un heroe de ficción?
– Flash Gordon.
17.– Unha heroína?
– Mafalda.
18.– A súa música favorita?
– Rock.
19.– Na pintura?
– Marcel Duchamp.
20.– Un heroe ou heroína na vida real?
– Meu avó Aquilino.
21.– O seu nome favorito?
– Alicia e Rosalía (os nomes das miñas fillas)
22.– Que hábito alleo non soporta?
– A deslealdade.
23.– O que máis odia?
– A inxustiza.
24.– A figura histórica que máis despreza?
– Hitler.
25.– Un feito militar que admire?
– Os armisticios, a obxección de conciencia e a deserción.
26.– Que don natural lle gustaría ter?
– O regate de Messi.
27. – De que maneira lle gustaría morrer?
– Aos 130 anos, nadando no Atlántico unha mañá luminosa de verán.
28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?
– Unha razoable e leve ledicia.
29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?
– A mentira imaxinativa.
30.– Un lema na súa vida?
– O que resiste vence.