Almuric, de Robert E. Howard

R. E. Howard

Almuric (tradución de Alejandro Tobar)

Urco, Santiago, 239 páxinas, 14 €

Pertencente ao chamado Círculo de Lovecraft, Robert E. Howard (1906-1936), malia a súa curta vida, foi un escritor fecundo que ideou personaxes célebres da literatura fantástica como Conan ou Solomon Kane. Aquí ofrécese, en tradución de Alejandro Tobar, unha trama trepidante protagonizada por Esau Cairn que, no medio dun planeta hostil e descoñecido, deberá enfrontarse con diversas vicisitudes coa acción como bandeira e onde xorden ecos filosóficos e relixiosos cos que adoitaba recrear a súa prosa.

Texto publicado nas páxinas do suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, o 21 de febreiro de 2014.