Documental Xosé M. Díaz Castro: Nimbos de luz

Souben hai pouco da remasterización que se realizou deste documental gravado no ano 1987,  e dirixido por Xulio Xiz, que valoro como unha ferramenta moi útil para difundir algunhas das claves da personalidade e mais da obra de Xosé María Díaz Castro ao presentar un percorrido, da man e da voz do poeta, polos espazos -Os Vilares, Mondoñezo, Guitiriz, Betanzos…-, nos que transcorreu a súa infancia e adolescencia. Moi recomendable.