Cuestionario Proust: Rosa Aneiros

Rosa Aneiros

1.– Principal trazo do seu carácter?
-Vulnerabilidade
2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?
– A tolerancia
3.– Que agarda das súas amizades?
– A lealdade.
4.– A súa principal eiva?
– A impaciencia.
5.- A súa ocupación favorita?
-O tempo coa xente que quero. Non importa facendo que.
6.– O seu ideal de felicidade?
-A felicidade dos meus.
7.– Cal sería a súa maior desgraza?
-A dor dos meus.
8.– Que lle gustaría ser?
-Querida.
9.– En que país desexaría vivir?
-Aquí.
10.– A súa cor favorita?
-Verde.
11. – A flor que máis lle gusta?
-A Armeria marítima ou herba de namorar
12.– O paxaro que prefire?
– O mascato ou o colibrí.
13.– A súa devoción na prosa?
-García Márquez e Cunqueiro.
14.– E na poesía?
-Olga Novo e Manuel Antonio.
15. Un libro?
Nós nus.
16.– Un heroe de ficción?
-Moitos. O último, aínda que non é exactamente un heroe, o borracho da canción “Bajaste del Norte” de Leon Gieco.
17.– Unha heroína?
-Moitas, sobre todo as que son máis reais: Mamá de Mariana Ruíz Johnson ou Mamá África de Chico César, por exemplo.
18.– A súa música favorita?
-Actualmente aquela que permite coreografías con imitacións de comportamentos animais 😉
19.– Na pintura?
-Quintana Martelo e David Pintor.
20.– Un heroe ou heroína na vida real?
-Os meus pais.
21.– O seu nome favorito?
-O da miña filla.
22.– Que hábito alleo non soporta?
-A intransixencia.
23.– O que máis odia?
-O egoísmo.
24.– A figura histórica que máis despreza?
-Hai moitas ás que non lles permito nin a categoría de desprezo…
25.– Un feito militar que admire?
-O papel xogado polos Capitáns de abril.
26.– Que don natural lle gustaría ter?
-A empatía.
27. – De que maneira lle gustaría morrer?
-Vale que non me gustaría morrer?
28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?
-Variable.
29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?
-A ignorancia.
30.– Un lema na súa vida?
-Nunca choveu que non escampase.

1 Comment

Os comentarios están pechados.