Tour pequenos editores en Vigo

Este vindeiro xoves, na libraría viguesa Libros para soñar, ás 19:00 horas, celebrarase un encontro cos responsables de tres editoriais independentes: Arianna Squilloni, de A Buen Paso; Pablo Larraguíbel, de Ekaré; e José Díaz, de Thule, que están a realizar unha xira por distintas cidades do Estado para presentar os seus proxectos editoriais.

           Segundo se sinala unha nota informativa, na súa intervención, estes tres editores van comentar o papel das librarías especializadas na promoción do álbum ilustrado; a función dos libreir@s como expertos e asesores dos lectores, non só na recomendación de novidades, senón de títulos de fondo que non teñen cabida noutras librarías xeralistas. Unha iniciativa que xorde da idea de artellar alianzas estratéxicas para fortalecer a súa posición fronte aos grandes grupos empresariais co obxectivo de seren visibles no complexo mercado da LIX.