Xildas, de Antonio Manuel Fraga

Antonio Manuel Fraga

Xildas

Sushi Books, Cangas do Morrazo, 212 páxinas, 12 €

 

O selo cangués Sushi Books, que publica desde o ano pasado títulos de literatura infantil e xuvenil en galego, castelán, catalán e éuscaro, acolleu o lanzamento de Xildas: unha proposta literaria ambiciosa de ritmo áxil, inspirada nas terras eumesas do autor, onde se reinterpretan elementos da nosa tradición mitolóxica -velaí ese trasno protagonista- con moito humor que devala en caricatura ás veces, conformando unha novela de iniciación e aventuras, divertida e, ao meu ver, moi recomendable.

Esta breve noticia apareceu no suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, o 28 de febreiro de 2014 baixo o título de “Un trasno ben rebuldeiro”.