Na presentación d´A illa de todas as illas, de Xabier P. DoCampo e Xosé Cobas

Foi un pracer acompañar onte, na libraría viguesa Librouro, a Helena Pérez, editora e representante de Xerais, ao artista plástico e ilustrador Xosé Cobas e mais a Xabier P. DoCampo, e dicir unhas palabras sobre un suxestivo e engaiolante libro como é A illa de todas illas.

        Falouse alí de libros, da creación artística e subliñouse a necesidade de ler e a importancia da lectura, en especial da literatura infantil e xuvenil. Tamén DoCampo e Cobas desvelaron algunhas das claves que xeraron este traballo ao que lle desexo  a sorte que ben merece.

       “Ler é conquistar unha illa misteriosa”, manifestou DoCampo onte, e a min gustoume moito esa sentenza como tamén acompañar un bo feixe de amigas e amigos que alí se congregaron. Grazas.

Actualización: Manuel Bragado incorpora no seu blog Brétemas un apuntamento sobre a presentación de onte. O meu agradecemento.