A teoría do tempo imaxinario, de Eduardo Santiago

Eduardo Santiago

A teoría do tempo imaxinario

Alcaián, Santiago, 192 páxinas, 16 €

Ao fío de constantes presentes na súa anterior novela titulada 2044, Eduardo Santiago ofrece agora unha fabulación que nos sitúa nun universo futurista, dominado polo matriarcado, onde non é difícil aplicar unha visión comparativa, e crítica, entre a realidade virtual que se describe e a actual. Nestas páxinas agroman referentes de filiación fantástica traídos da man de personaxes sólidos que reaccionan diante de estímulos varios como a espionaxe, o  amor e o desamor, abandeirando tamén unha convincente defensa da pluralidade lingüística.

Esta nota informativa publicouse nas páxinas do suplemento “Fugas”, de La Voz de Galicia, o 7 de marzo de 2014.