Cuestionario Proust: X. Henrique Rivadulla Corcón

X. Henrique Rivadulla Corcón

1.– Principal trazo do seu carácter?
– A timidez.
2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?
– Actuar con xustiza.
3.– Que agarda das súas amizades?
– A sinceridade e a fidelidade.
4.– A súa principal eiva?
– A timidez.
5.– A súa ocupación favorita?
– A escrita de poesía.
6.– O seu ideal de felicidade?
– Vivir sempre sen medo.
7.– Cal sería a súa maior desgraza?
– A morte da muller coa comparto a vida.
8.– Que lle gustaría ser?
– Dedicarme unicamente a escribir.
9.– En que país desexaría vivir?
– En Galiza, pero se hai que dicir un distinto a onde se vive, Portugal.
10.– A súa cor favorita?
– Negro.
11. – A flor que máis lle gusta?
– A hortensia.
12.– O paxaro que prefire?
– O mascato.
13.– A súa devoción na prosa?
-. J. R. R. Tolkien
14.– E na poesía?
– Uxío Novoneyra.
15.- Un libro?
Os Eidos.
16.– Un heroe de ficción?
– Sam Gamlli (Compañeiro de Fodro Bulseiro n´O señor dos aneis)
17.– Unha heroína?
– Frolinda (personaxe principal da lenda “A Buseran” de Muxía)
18.– A súa música favorita?
– O jazz e as músicas étnicas.
19.– Na pintura?
– Urbano Lugris.
20.– Un heroe ou heroína na vida real?
– . Pepita Carrer (percebeira de Muxía, xa maior e que foi aos percebes dende moi nena).
21.– O seu nome favorito?
– Henrique.
22.– Que hábito alleo non soporta?
– O comportamente inxusto.
23.– O que máis odia?
– A inxustiza.
24.– A figura histórica que máis despreza?
– Hitler.
25.– Un feito militar que admire?
– As revoltas irmandiñas.
26.– Que don natural lle gustaría ter?
– A elegancia.
27. – De que maneira lle gustaría morrer?
– Sendo moi consciente de que estou morrendo.
28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?
– Un optimismo prudente.
29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?
– A inxenuidade.
30.– Un lema na súa vida?
– Sexamos lóxicos e busquemos o imposible.

1 Comment

Os comentarios están pechados.