Papá, que son os sorrisos?, de María Canosa e Dani Padrón

María Canosa e Dani Padrón

Papá, que son os sorrisos?

Galebook, A Coruña, 50 páxinas, 18 €

 

 

Moi suxestiva paréceme esta proposta infantil que vén da man de María Canosa e Dani Padrón e convénceme do feito de que, en moitas ocasións, nas historias sinxelas é onde repousan os maiores acertos. Nela, unha paisaxe colectiva e emocional apocalíptica posibilita unha segunda oportunidade que chega da man da propia natureza e que fai recuperar o sorriso nos rostros. A publicación compleméntase cun cd que inclúe unha versión dixital do libro, alén doutras actividades interactivas de indubidable interese. 

Este texto publicouse nas páxinas do suplemento “Fugas” de La Voz de Galicia, o 21 de marzo de 2014, baixo o título de “Sinxeleza e acerto”.