Adeus a Torga

Almorcei hoxe cunha pésima noticia á que se refería Manuel Bragado e mais tamén a páxina dixital de Sermos Galiza como é o peche definitivo da libraría ourensá Torga. Lamento esta decisión á que por desgraza, quen interpretamos que os libros son parte substancial da nosa vida, nos vimos afacendo tras a desaparición doutras moitas librarías en Galicia.

     Un amigo e libreiro vigués que atopei esta mañá comentábame con abatemento esta nova. Con el cadro en que a situación en que as librarías galegas, e o libro galego en particular, viven é de resistencia. A activación de recursos como as presentacións, conferencias, actividades para a infancia, achegar os libros á rúa e outras (unha realidade moi presente nos últimos tempos) nas librarías de proximidade fan mirar tamén o presente cunha chisca de optimismo grazas á férrea vontade de seguir adiante das nosas libreiras e libreiros. Beizóns a este gremio e a miña aperta para Xavier Paz e para Eva Sotelo, colaboradores sempre puntuais e xenerosos coa iniciativa do Taboleiro do libro galego desde que este comezou a andar. O meu agradecemento.