Cuestionario Proust: Paco Macías

Paco Macías

1.– Principal trazo do seu carácter?
– Ilusionado, utópico.
2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?
– Amizade.
3.– Que agarda das súas amizades?
– Nada.
4.– A súa principal eiva?
– Ter un algo de trapalleiro.
5.– A súa ocupación favorita?
– Agricultura.
6.– O seu ideal de felicidade?
– Viaxar, viaxar e viaxar.
7.– Cal sería a súa maior desgraza?
– Hoxe por hoxe, morrer.
8.– Que lle gustaría ser?
– Pastor transhumante.
9.– En que país desexaría vivir?
– No Brasil.
10.– A súa cor favorita?
– Azul celeste.
11. – A flor que máis lle gusta?
– A mapoula.
12.– O paxaro que prefire?
– O pardal.
13.– A súa devoción na prosa?
– Moitos, pero hoxe vou dicir: Mia Couto e Roberto Vidal Bolaño.
14.– E na poesía?
– Rimbaud e Pessoa.
15.- Un libro?
– Moitos por igual, pero hoxe vou dicir Saxo Tenor, de Vidal Bolaño.
16.– Un heroe de ficción?
– Sandokán e Nacho Vidal.
17.– Unha heroína?
– Lara Croft.
18.– A súa música favorita?
– Moitísimas, e entre elas está: Concerto para piano Nº 1 en Si Bemol Menor, de Tchaikovsky.
19.– Na pintura?
– José de Almada Negreiros.
20.– Un heroe ou heroína na vida real?
– Buenaventura Durruti.
21.– O seu nome favorito?
– Manel, Manuel, Manoel.
22.– Que hábito alleo non soporta?
– A halitose.
23.– O que máis odia?
– O autoritarismo.
24.– A figura histórica que máis despreza?
– Hai moitos, e un deles é Felipe González.
25.– Un feito militar que admire?
– Ningún.
26.– Que don natural lle gustaría ter?
.- Máis rebeldía, máis loucura.
27. – De que maneira lle gustaría morrer?
– De morte morrida, é dicir, durmindo.
28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?
– Alegre.
29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?
– Opoñerse a todo, eses que chamamos “os adversativos”.
30.– Un lema na súa vida?
– Cantos máis sexamos, máis rimos.