1.– Principal trazo do seu carácter?
– Tenacidade.
2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?
– A verdade.
3.– Que agarda das súas amizades?
– Sinceridade e fidelidade.
4.– A súa principal eiva?
– O despiste.
5.– A súa ocupación favorita?
– Estar cos meus.
6.– O seu ideal de felicidade?
– Estar ben cos meus e non ter problemas de saúde e económicos.
7.– Cal sería a súa maior desgraza?
– A perda dun dos meus.
8.– Que lle gustaría ser?
– Son o que quero ser.
9.– En que país desexaría vivir?
– Estou ben eiquí.
10.– A súa cor favorita?
– Amarelo.
11. – A flor que máis lle gusta?
– Caravel.
12.– O paxaro que prefire?
– O corvo.
13.– A súa devoción na prosa?
– Edgar Allan Poe.
14.– E na poesía?
– Rimbaud.
15.- Un libro?
– A caída da casa Usher.
16.– Un heroe de ficción?
– Flash Gordon.
17.– Unha heroína?
– Vampirella.
18.– A súa música favorita?
– Blues e rock.
19.– Na pintura?
– Moitos. Por poñer un exemplo Chagall.
20.– Un heroe ou heroína na vida real?
– Todos os que se xogan a vida salvando xente en apuros.
21.– O seu nome favorito?
– Jaime.
22.– Que hábito alleo non soporta?
– Criticar sen saber.
23.– O que máis odia?
– A soberbia.
24.– A figura histórica que máis despreza?
– Franco.
25.– Un feito militar que admire?
-Ningún.
26.– Que don natural lle gustaría ter?
– Ter boa voz.
27. – De que maneira lle gustaría morrer?
– Sen dor.
28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?
– Expectante.
29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?
– O despiste.
30.– Un lema na súa vida?
– Se ti mesmo.