Ático, de Arsenio Iglesias Pazos

Arsenio Iglesias Pazos

Ático

Positivas, Compostela, 52 páxinas, 7 €

 

Libro de peripecia editorial case incrible –premiado no certame de poesía Avelina Valladares hai oito anos- descobre unha voz que cómpre saudar pola súa orixinalidade. O autor opta por afastarse do convencional e conducirse polas estremas dun discurso poético que se hibridiza de continuo cunha vontade fortemente narrativa, onde o fulcral resulta esa estética dos pequenos xestos, dos detalles, do espello de vivencias cotiás compartidas con intensidade e vistas con certa melancolía nun espazo limitado.

Esta recensión publicouse nas páxinas do suplemento “Fugas” de La Voz de Galicia, o 28 de marzo de 2014, baixo o título de “Estética dos pequenos xestos”.