Cuestionario Proust: Berta Dávila

 Berta Dávila
(foto: retallo sobre orixinal de Distrito Xermar)

1.– Principal trazo do seu carácter?
– A dispersión.
2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?
-A ética.
3.– Que agarda das súas amizades?
– Lealdade e afecto.
4.– A súa principal eiva?
– A impaciencia.
5.– A súa ocupación favorita?
– Viaxar. Ler.
6.– O seu ideal de felicidade?
– Case sempre me decepcionan, cando chegan, os ideais de felicidade que algunha vez desexei.
7.– Cal sería a súa maior desgraza?
-Perder a lucidez, perder o equilibrio.
8.– Que lle gustaría ser?
-Algunhas mañás, gato.
9.– En que país desexaría vivir?
– Gústame vivir aquí. Non me gusta o que aquí ocorre.
10.– A súa cor favorita?
-Ningunha en particular, prefiro as cores escuras de xeito pouco consciente.
11. – A flor que máis lle gusta?
– Ningunha flor, un froito: a mandarina como prenda do outono.
12.– O paxaro que prefire?
– O que regresa no verán.
13.– A súa devoción na prosa?
-Paul Auster.
14.– E na poesía?
– Blanca Varela (agora)
15.- Un libro?
O sol do verán, de Casares (agora).
16.– Un heroe de ficción?
– O escritor con horarios.
17.– Unha heroína?
– Doña Mariana, de Los gozos y las sombras.
18.– A súa música favorita?
– O disco “Madrugada dos trapeiros”, de Fausto.
19.– Na pintura?
– Egon Schiele.
20.– Un heroe ou heroína na vida real?
– Algunhas mestras de escola.
21.– O seu nome favorito?
– Aínda non o atopei.
22.– Que hábito alleo non soporta?
– A estupidez.
23.– O que máis odia?
– As marcas de humidade.
24.– A figura histórica que máis despreza?
– Non teño o costume de desprezar nada, o que non significa que non haxa figuras históricas abondo desprezables.
25.– Un feito militar que admire?
– Sempre me gustou a épica da revolución dos caraveis.
26.– Que don natural lle gustaría ter?
– Non creo na existencia de ningún don natural, creo que calquera clase de talento é unha mestura de traballo, compromiso e casualidade.
27. – De que maneira lle gustaría morrer?
– Con plena conciencia do que me ocorre e ningunha conta pendente.
28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?
– Fáltame oficio para contestar a esta pregunta.
29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?
– Os que me son propios.
30.– Un lema na súa vida?
– Non posúo demasiadas certezas, moito menos elevables á categoría de lemas.

1 Comment

Os comentarios están pechados.