Documentais de Illa Bufarda sobre Xela Arias e Luísa Villalta

Logo da celebración dunha xornada, organizada polo Consello da Cultura Galega, sobre a obra literaria e a presenza de Xela Arias e Luísa Villalta, tras dez anos transcorridos desde o falecemento de ambas as dúas, a devandita institución facilita o acceso a dous documentais que Illa Bufarda rodou e preparou recollendo testemuños sobre ambas as dúas autoras. Deixo aquí os dous vídeos non sen antes agradecerlles ás profesionais de Illa Bufarda que quixesen contar comigo para o vídeo centrado en Xela Arias (vía culturagalega.org).