Cuestionario Proust: Antonio Reigosa

 Antonio Reigosa

1.– Principal trazo do seu carácter?
-Quen me coñece di que son tranquilo e sensato. Oxalá!
2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?
-A sinceridade.
3.– Que agarda das súas amizades?
-Só afecto compartido.
4.– A súa principal eiva?
-Non saber nada, pero nada, de música. Pero teño moitas máis.
5.– A súa ocupación favorita?
-Saber que o que me apetece facer non ten urxencia
6.– O seu ideal de felicidade?
-Vivir sen présa.
7.– Cal sería a súa maior desgraza?
-Que lles pasase algo malo ás persoas que quero.
8.– Que lle gustaría ser?
-Viaxeiro profesional. Gastar a vida viaxando.
9.– En que país desexaría vivir?
-Neste, a pesar de todo.
10.– A súa cor favorita?
-Entre o verde-prado e o azul-mar; non sei se terá nome
11. – A flor que máis lle gusta?
-A da abrula. Anuncia a primavera.
12.– O paxaro que prefire?
-O carrizo, polo ben que fai o niño.
13.– A súa devoción na prosa?
– Juan Rulfo e Álvaro Cunqueiro. E outros moitos e moitas, claro.
14.– E na poesía?
-Rosalía de Castro.
15.- Un libro?
-Só un? Pois Pedro Páramo, pero hai moitos máis que me interesan que xa lin, e outros que tamén me interesan e que aínda non lin.
16.– Un heroe de ficción?
-Gústame os personaxes tipo Homer Simpson.
17.– Unha heroína?
-Brancaflor, a filla do Demo, polo que representa.
18.– A súa música favorita?
-A que se acompaña de voz, e que diga algo que me interese.
19.– Na pintura?
-Impresionismo e Surrealismo, sobre todo.
20.– Un heroe ou heroína na vida real?
-Non son mitómano, nin me gustan os heroes nin as heroínas.
21.– O seu nome favorito?
-Que empece por A ou por C, e que non sexa moi longo.
22.– Que hábito alleo non soporta?
-A hipocrisía, o cinismo.
23.– O que máis odia?
-O incumprimento dun compromiso.
24.– A figura histórica que máis despreza?
-A todos os ditadores, tiranos e opresores de todo lugar e tempo.
25.– Un feito militar que admire?
-Nnigún. Nas guerras sempre hai vítimas inocentes.
26.– Que don natural lle gustaría ter?
-Ter calma nos momentos críticos
27. – De que maneira lle gustaría morrer?
-Sen decatarme, e dentro de moito tempo.
28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?
-Animoso.
29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?
-Os que son produto da ignorancia.
30.– Un lema na súa vida?
-Con paciencia e unha cousa detrás da outra.

1 Comment

Os comentarios están pechados.