Fisterra. A derradeira perla de Occidente, de Modesto Fraga Moure

Modesto Fraga Moure

Fisterra. A derradeira perla de Occidente

Edición de autor, 136 páxinas, 16 euros

 

Hai libros coma este que, catalogados talvez como guías, responden a unha vontade explícita de ir moito máis alá de desvelar os tesouros dun enclave xeográfico. En efecto, Fisterra é un libro de viaxes que bebe na mellor das tradicións do xénero e que exhíbe, con espléndida prosa, o que o vello Promontorio Nerio atesoura: aquilo que se ve e o que non se pode ver tan facilmente. Literatura, arte, patrimonio, xeografía e xentes que a habitaron e habitan.., todo irmandado e por xunto. Non é pouca cousa.

Este texto viu a luz no suplemento “Fugas”, de La Voz de Galicia, o 4 de abril de 2014, baixo o título de “Para coñecer Fisterra”.