Tres booktráilers: DoCampo-Cobas, M. Solar e Y. Castaño

Sempre foron do meu gusto estas pequenas pezas audiovisuais que, alén da lícita intencionalidade divulgativa e publicística, resultan por veces verdadeiros acertos estéticos. Traio hoxe aquí tres dos últimos que coñecín e que responden a dous libros xa editados –A illa de todas as illas e As meigas de Lupa– e a un que está a piques ver a luz e que se presenta hoxe en Compostela: A segunda lingua, Premio de Poesía Fundación Novacaixagalicia. Todos eles veñen da man de profesionais que recrean obras de catro persoas que moito estimo na súa faceta literaria e persoal: Xabier P. DoCampo e Xosé Cobas, María Solar e Yolanda Castaño. Velaí van por esta mesma orde.