Manuscritos: Gonzalo López Abente (I)

Botando a vista atrás, e penso tan só nun par de anos, un dos autores clásicos que, por distintas circunstancias -dúas non menores resultan a posta en marcha da Fundación que leva o seu nome e o traballo espléndido de investigadores literarios como Suso Sambade ou Miro Villar– foi sometido a un proceso de actualización e difusión que reacomodou a súa obra na historia da literatura galega  a través de estudos, edicións de obras inéditas e reedicións anotadas da súa produción coñecida foi, sen dúbida, Gonzalo López Abente.

    Por esta razón reproduzo hoxe o orixinal da “autopoética” de López Abente,  datado en Muxía en 1949, que o autor lle fixo chegar a Francisco Fernández del Riego para incorporarse na Escolma de Poesía Galega, IV. Os contemporáneos (1955).  Grazas a Miro Villar e á Fundación Penzol pola súa xenerosa colaboración con este apuntamento.