Cuestionario Proust: Xesús Fraga

Xesús Fraga [fotografía: Ana Couceiro (fragmento)]

1.– Principal trazo do seu carácter?
– Sempre fun bastante fantasioso.
2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?
– O optimismo do que eu carezo (honestidade aparte).
3.– Que agarda das súas amizades?
– Un sentimento de lealdade.
4.– A súa principal eiva?
– Véxase a pregunta 1.
5.– A súa ocupación favorita?
– Varía: ler, pasear, conversar…
6.– O seu ideal de felicidade?
– Vivir tranquilamente.
7.– Cal sería a súa maior desgraza?
– O sufrimento dos seres queridos.
8.– Que lle gustaría ser?
– Avó.
9.– En que país desexaría vivir?
– En Londres.
10.– A súa cor favorita?
– Gris antracita.
11. – A flor que máis lle gusta?
– A dixital púrpura.
12.– O paxaro que prefire?
– O pardal.
13.– A súa devoción na prosa?
– Álvaro Cunqueiro.
14.– E na poesía?
– Rosalía de Castro.
15.- Un libro?
Charlie e a fábrica de chocolate.
16.– Un heroe de ficción?
– Paddington.
17.– Unha heroína?
– Midori Kobayashi.
18.– A súa música favorita?
– A que move os afectos.
19.– Na pintura?
– Os vánitas.
20.– Un heroe ou heroína na vida real?
– A miña avoa Virtudes.
21.– O seu nome favorito?
– Leda, Daniel.
22.– Que hábito alleo non soporta?
– A impuntualidade.
23.– O que máis odia?
– A mala fe.
24.– A figura histórica que máis despreza?
– A historia, sendo unha abstracción, impide esa clase de sentimentos.
25.– Un feito militar que admire?
– A poesía inglesa da Gran Guerra.
26.– Que don natural lle gustaría ter?
– Descoñecer a resaca.
27. – De que maneira lle gustaría morrer?
– Prefiro non pensar na morte.
28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?
– Soñar esperto ou, dito mellor en inglés, wishful thinking.
29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?
– Os que nacen da xenerosidade.
30.– Un lema na súa vida?
– “Non todo o que vaga errante anda perdido”.