Esa lus

A través dun chío de Fran Alonso chego a un vídeo que subiu Carta xeométrica e que me permito reproducir aquí. Trátase dunha canción que emprega a coñecida melodía da “canción das tazas” cunha letra realizada ad hoc para esta homenaxe a Díaz Castro. Recomendo a súa visualización porque como docente penso que é un orgullo poder facer estas cousas e merecen o máximo de difusión. Parabéns á totalidade de persoas que participaron, dun xeito ou noutro, na gravación deste vídeo. Beizón ao IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz pola iniciativa é tamén á Biblioteca do centro polo traballo incesante que están a levar a cabo.