Cuestionario Proust: Xosé Monteagudo

Xosé Monteagudo

1.– Principal trazo do seu carácter?
-A constancia.
2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?
-O sentido do humor.
3.– Que agarda das súas amizades?
-Lealdade.
4.– A súa principal eiva?
-A preguiza nos asuntos cotiáns.
5.– A súa ocupación favorita?
-Escribir.
6.– O seu ideal de felicidade?
-Vivir en familia, ocupado unicamente en ler e escribir sen ningunha preocupación económica.
7.– Cal sería a súa maior desgraza?
-A falta de saúde, propia ou dos que me rodean.
8.– Que lle gustaría ser?
-Un escritor recoñecido.
9.– En que país desexaría vivir?
-Francia, talvez.
10.– A súa cor favorita?
-Roxa.
11. – A flor que máis lle gusta?
-A buganvílea.
12.– O paxaro que prefire?
-O loro.
13.– A súa devoción na prosa?
-Faulkner.
14.– E na poesía?
-Neruda.
15.- Un libro?
Os Buddenbrook.
16.– Un heroe de ficción?
-Julien Sorel.
17.– Unha heroína?
-Jane Eyre.
18.– A súa música favorita?
-O pop.
19.– Na pintura?
-Os impresionistas.
20.– Un heroe ou heroína na vida real?
-Nelson Mandela.
21.– O seu nome favorito?
-Antía.
22.– Que hábito alleo non soporta?
-A arrogancia en todas as súas formas.
23.– O que máis odia?
-O fanatismo.
24.– A figura histórica que máis despreza?
-Franco, Stalin, Hitler (e outros por igual).
25.– Un feito militar que admire?
-A derrota da Alemaña nazi.
26.– Que don natural lle gustaría ter?
-Unha oratoria brillante.
27. – De que maneira lle gustaría morrer?
-Durmindo, sen decatarme e a unha idade moi avanzada.
28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?
-Serenamente optimista.
29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?
-A pusilanimidade, se non procura a comenencia persoal.
30.– Un lema na súa vida?
-Fronte aos atrancos e adversidades, manter sempre a ilusión nos propios proxectos.