Cos ollos do avó (ilustracións de Xosé Tomás)
Embora, Ferrol, 106 páxinas, 10 €
Concha Blanco engade estes días ao seu dilatado currículo como narradora un novo libro que non teño dúbida en xulgar como unha sólida e orixinal entrega. Nela recrea, entre outros aspectos, o que a memoria é e afonda na relevancia da súa transmisión, focalizando a atención nun espazo asolagado por intereses crematísticos para construír un encoro. Este feito consumado, e mais outros sucesos aparentemente inexplicables, servirán para afortalar uns lazos, loxicamente afectivos, entre unha neta e o seu avó.
Esta recensión publicouse o 18 de abril de 2014 nas páxinas do suplemento “Fugas” de La Voz de Galicia, baixo o título de “O que a memoria é”.