A lúa da colleita, de Anxos Sumai e Raíz da fenda, "Premios Nacionales de la Crítica" na modalidade de lingua galega

Olivia Rodríguez representou en Logroño, na xuntanza que determinou os “Premios Nacionales de la  Crítica 2014”, á Sección da Crítica da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega que decidira previamente por votación, galardoar á novela Á lúa da colleita, de Anxos Sumai, na modalidade de narrativa, e mais a Raíz da fenda, de Berta Dávila na modalidade de poesía.  Moitos parabéns ás dúas autoras.