Bernardo Axtaga, Escritor Galego Universal, nuns días en Pontevedra

A AELG decidiu nomear Escritor Galego Universal ao escritor éuscaro Bernardo Axtaga, que se vén engadir a unha celmosa nómina conformada por Mahmud Darwix, Pepetela, Nancy Morejón, Elena Poniatowska, Juan Gelman, Antonio Gamoneda, José Luis Sampedro e Lídia Jorge. A min agradoume moito a escolla e síntome agradecido pola oportunidade que se me brinda de poder compartir un espazo común co  escritor e mais con Mercedes Queixas e Anxos Riveiro o vindeiro venres día 2 de maio, ás oito do serán, no Pazo de Mugartegui pontevedrés, nunha conferencia que ditará o autor de Sete casas en Francia ou O fillo do acordeonista baixo o título “Reaccións diante dunha pedra riscada”.

      Onte souben que a súa última proposta narrativa, Nevadako egunak, traducida ao castelán baixo o título de Días de Nevada, foi galardoada co Premio Nacional da Crítica na modalidade de narrativa en éuscaro. Estou inmerso na súa lectura estes días e non é de estrañar que recibise este recoñecemento.