Tastarabás, de Antón Cortizas e Caderno do Nilo, premios Losada Diéguez 2014

Faise evidente que entramos, aos poucos, na época de recoñecementos e galardóns anuais. A este respecto, algúns medios fanse eco hoxe da concesión do premio Losada Diéguez  a dous libros editados o ano pasado e publicados en Edicións Xerais como son Tastarabás, de Antón Cortizas e mais Caderno do Nilo, de Cesáreo Sánchez Iglesias. Os meus sinceros  parabéns aos galardoados.