Miguel Ángel Alonso e Luz Beloso
O soño de Esther
Nova Galicia Edicións, Vigo, s/p, 14,50 €
O tándem creativo Alonso–Beloso atesoura unha nova e sólida entrega neste coidado volume que consegue harmonizar unha sólida e rechamante lectura visual cun discurso que serpea polos camiños do onírico, da fantasía, da aventura e da aprendizaxe, para combater as consecuencias dunha treboada, operativa metáfora da ignorancia, apostando polo principio de que o coñecemento sempre resulta operativo para superar o medo e os medos. E se se fai coas ferramentas da imaxinación o resultado é fantástico.
Esta recensión publicouse nas páxinas do suplemento “Fugas” de La Voz de Galicia, o 25 de abril de 2014, baixo o título de “Para ler, soñar e aprender”
4 Comments
Os comentarios están pechados.