"Penélope" de Díaz Castro, por Fuxan os Ventos

Souben que o grupo Fuxan os Ventos está a preparar un novo traballo discográfico que sairá a rúa no próximo outono. Incorporarase aí unha homenaxe que o grupo tributa a Xosé  María Díaz Castro e que agora xa está na rede. Trátase dunha nova e fantástica versión de “Penélope” do poeta de Guitiriz que, ademais, recolle un recitado do propio Díaz Castro.  Para esta ocasión o grupo contou coas colaboracións de Xosé Lois Romero no  acordeón, Alejandro Masafret “Masa” no baixo e Roi Adrio na percusión. O vídeo dirixiuno e realizouno Melania Freire Vázquez e Hadrián Gómez  Vázquez.  Parabéns por este traballo tan fermoso!