Máis sobre Atxaga

Nun anterior apuntamento fixen referencia ao desenvolvemento da magnífica conferencia que Bernardo Atxaga ditou hai uns días en Pontevedra, o 2 de maio, na véspera de recibir o galardón como Escritor Galego Universal na Gala das Letras que se celebrou  no Teatro Principal da mesma cidade. Para aquela ocasión convidóuseme a dicir unhas palabras a xeito de presentación, que moito agradezo, nun acto que tiven a sorte de compartir con Mercedes Queixas. O texto da miña intervención -<<Onde o mundo se chama Bernardo Atxaga>>- acóllese, desde hoxe, na web da AELG e quen estea interesado pode consultalo premendo na parte inferior esquerda deste enlace.

1 Comment

Os comentarios están pechados.