Mecanoscrito: Luís Seoane

Hai dez anos dedicóuselle o Día das Letras Galegas a Luís Seoane. No 2004 vivíanse outros tempos e o certo é que as publicacións que se derivaron daquela celebración foron abondosas e, nalgúns casos, claves para entender a xeración do exilio. O compromiso de Isaac Díaz Pardo na difusión da figura de Seoane coido que tivo uns efectos magníficos e moi rendibles culturalmente falando.

        Este mesmo ano cumpriuse o trinta e cinco cabodano do falecemento do autor d´As cicatrices, como tamén o é de Celso Emilio Ferreiro e o será de Eduardo Blanco-Amor. Como recoñecemento, nesta ocasión, a Seoane, e mercé á colaboración da Fundación Penzol, velaquí un mecanoscrito procedente dos Fondos Especiais do Arquivo Francisco Fernández del Riego. Trátase do poema “O campaneiro”, mecanografado cun apuntamento autógrafo en castelán dirixido a Francisco Fernández del Riego. O poema foi orixinalmente publicado en Na brétema Sant-Iago (1956).

1 Comment

Os comentarios están pechados.