Conciencia política e literatura galega en Madrid (1950-2000), de Ana Acuña

Ana Acuña

Conciencia política e literatura galega en Madrid (1950-2000)

Xerais, Vigo, 360 páxinas, 23,50 euros

A profesora Ana Acuña atesoura neste libro un rigoroso traballo de investigación e documentación, levado a cabo durante moitos anos. Exposto de maneira precisa, posibilita que nos conduzamos con pertinencia e garantías polo universo da literatura e a política feita en Madrid por integrantes da “Mocedade Universitaria Castelo”, pasando polos “Brais Pinto” ata o “Grupo Bilbao” entre outros. Un ensaio luminoso e sólido, preciso para reconstruír lagoas que xa non o son tanto e que, por certo,  dá xenio ler.

Este texto publicouse nas páxinas do suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, o 9 de maio de 2014 baixo o título de “Galicia en Madrid: cincuenta anos de literatura e política”.