Manuscritos: Gonzalo López Abente (e II)

Alén do manuscrito orixinal que López Abente enviou a Francisco Fernández del Riego en 1949 e que saíu publicada neste blogue hai pouco tempo, a Fundación Penzol cedeu para este fin outros manuscritos de López Abente, pertencentes ao arquivo Fernández del Riego,  como son o poema “A furna”, pertencente ao seu segundo libro titulado Alento da raza (imprenta Juan Pérez Torres, Madrid, 1917?) e mais “Remorso” que fai parte do seu primeiro libro titulado Escumas da ribeira (Imprenta Juan Pérez Torres, Madrid, 1911?). Velaquí estas dúas novas achegas e grazas, de novo, a Miro Villar pola axuda prestada.



1 Comment

Os comentarios están pechados.