Diálogos Xosé María Díaz Castro, no Diario Cultural da Radio Galega

Antonte emitiuse no Diario Cultural da Radio Galega unha pequena intervención sobre o autor homenaxeado no Día das Letras formando parte da sección “Diálogos Xosé María Díaz Castro”. Agradezo a deferencia por contar coa miña colaboración para este proxecto e deixo o audio neste apuntamento. Un pracer, ademais, poder oír a voz do autor de Nimbos falando sobre a recepción da súa obra. Grazas!