Cuestionario Proust: Henrique Dacosta

Henrique Dacosta

1.– Principal trazo do seu carácter?
-Pesimismo. Pertinacia tamén, naquilo que me implico de motu proprio, ou porque mo piden.
2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?
-A afabilidade e a prudencia, e seren agradecidas, se o caso o require.
3.– Que agarda das súas amizades?
-Lealdade e franqueza.
4.– A súa principal eiva?
-Ser despistado e algo rosmón.
5.– A súa ocupación favorita?
-Viaxar e escribir.
6.– O seu ideal de felicidade?
-Vivir sen ter que traballar (no traballo convencional) e dedicar o tempo a esoutras actividades máis edificantes como a escrita.
7.– Cal sería a súa maior desgraza?
-A morte dun ser moi querido. Ficar incapacitado de maneira que tivese que depender doutros.
8.– Que lle gustaría ser?
-Recoñecido polo que fago.
9.– En que país desexaría vivir?
-Australia talvez.
10.– A súa cor favorita?
-Azul.
11. – A flor que máis lle gusta?
-Rosa talvez.
12.– O paxaro que prefire?
-O xirín se cadra, ou o chasco, non sei ben.
13.– A súa devoción na prosa?
-Eça de Queirós, Alejo Carpentier, Vargas Llosa, Ivo Andrić…
14.– E na poesía?
-Rosalía, Pessoa, Machado…
15.- Un libro?
El siglo de las luces, A ponte sobre o Drina, Conversación el La Catedral, O crime do Padre Amado
16.– Un heroe de ficción?
-Astérix/Obélix, Leo Caldas, Mario Conde (de Leonardo Padura)…
17.– Unha heroína?
-Xerezade, a Mai da familia protagonista de As uvas da ira, Isabel de Barreto (heroína tamén na vida real), a rapaza ou moza que dá inicio e remate aos Cantares gallegos
18.– A súa música favorita?
-O jazz: Oscar Peterson, Stéphane Grappelli… O pop/rock: REM, U2, Police/Sting… Músicas do mundo e cantautores: José Afonso, Luis Pastor…
19.– Na pintura?
– A pintura flamenga en xeral, Velázquez, Caravaggio, o impresionismo…
20.– Un heroe ou heroína na vida real?
-José Saramago, José Luis Sampedro, José Afonso… Hipatia, Rosalía, Concepción Arenal, Hildegart…
21.– O seu nome favorito?
-Catarina.
22.– Que hábito alleo non soporta?
-O incivismo e a má educación, endémicos na nosa sociedade actual.
23.– O que máis odia?
-A mediocridade con pretensións do contrario, e a falsidade.
24.– A figura histórica que máis despreza?
-Hitler, Stalin, Franco…
25.– Un feito militar que admire?
-A Revolução dos Cravos.
26.– Que don natural lle gustaría ter?
-Don de xentes.
27. – De que maneira lle gustaría morrer?
-Mentres durmo, sen enteirarme.
28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?
-A saudade e a introspección.
29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?
-A ignorancia, porque é moi atrevida (ou porque é o último que se perde, sendo máis mordaces).
30.– Un lema na súa vida?
-O que non é agradecido non é ben nacido.

1 Comment

Os comentarios están pechados.