Manuscritos: María do Carme Kruckenberg (II)

A voz da auga é un libro de poemas relevante na traxectoria de María do Carme Kruckenberg. Éo porque constitúe, pola propia vontade da autora, o seu derradeiro poemario; éo porque nel está esenciliazada boa parte da súa traxectoria poética. Hoxe, tras deixar hai uns meses outro manuscrito da autora, incorpórase unha nova mostra caligráfica que pertence ao devandito libro, publicado no ano 2010 por Edicións Barbantesa. O meu agradecemento pola xestión, unha vez máis, á máxima especialista na biografía e mais na obra da autora viguesa como é Mercedes Queixas.

1 Comment

Os comentarios están pechados.