Cuestionario Proust: Oriana Méndez

Oriana Méndez

1.- Principal trazo do seu carácter? A fame.
2.- Que calidade aprecia máis nas persoas? A solidariedade.
3.- Que agarda das súas amizades? Que me avisen para as festas.
4.- A súa principal eiva? Pode ser a impaciencia.
5.- A súa ocupación favorita? Ler cuestionarios Proust.
6.- O seu ideal de felicidade? Unhas cervexas e boa compaña mirando para as Cíes.
7.- Cal sería a súa maior desgraza? Non o podo saber.
8.- Que lle gustaría ser? Outra persoa, saber como se é outra.
9.- En que país desexaría vivir? En Cuba.
10.- A súa cor favorita? Negro.
11. – A flor que máis lle gusta? Non sei nada de flores, gústanme as mapoulas sobre os campos de Castela.
12.- O paxaro que prefire? Teño problemas coas aves desde pequena.
13.- A súa devoción na prosa? Cid Cabido.
14.- E na poesía? Manuel Antonio.
15.- Un libro? M-Talá.
16.- Un heroe de ficción? Drácula.
17.- Unha heroína? Pepa a Loba.
18.- A súa música favorita? Agora mesmo Das Kapital.
19.- Na pintura? O que fai Baldo Ramos.
20.- Un heroe ou heroína na vida real? Todos aqueles aos que o fascismo está asasinando en Ucraína.
21.- O seu nome favorito? Antonia.
22.- Que hábito alleo non soporta? O de molestar.
23.- O que máis odia? O neoliberalismo.
24.- A figura histórica que máis despreza? Franco.
25.- Un feito militar que admire? A batalla de Stalingrado.
26.- Que don natural lle gustaría ter? Levitar desde logo.
27. – De que maneira lle gustaría morrer? De ningunha maneira me gustaría morrer.
28.- Cal é o seu estado de ánimo máis habitual? Nin remota idea.
29.- Que defectos lle inspiran máis indulxencia? Aqueles que derivan da dor.
30.- Un lema na súa vida? Venceremos, claro.

1 Comment

Os comentarios están pechados.