No ano 1992 a Fundación Otero Pedrayo publica un opúsculo que, baixo o título de Diante a alborada dun pintor, reproduce a versión manuscrita, datada en Trasalba en 1972, dun interesante artigo de Ramón Otero Pedrayo dedicado á obra pictórica de Antón Pulido. A publicación incorporaba, ademais dalgunhas ilustracións do pintor, un limiar subscrito por Sixto Seco, presidente daquela da Xunta de Goberno da devandita Fundación.
Mercé á xenerosidade do pintor ourensán reprodúcese aquí parte dese opúsculo: na parte superior os manuscritos oterianos e, debaixo, as versións mecanoscritas dos mesmos. Velaquí as impresións que aquel Pulido, case un neno, suscitaba xa no autor de Arredor de si, impresionado por alguén que xa sabía pintar o vento.
1 Comment
Os comentarios están pechados.