Tres booktrailers: libros de Agustín Fernández Paz, Ramón Vilar Landeira e Dores Tembrás

Manuel Bragado referíase hai pouco, nun interesante apuntamento, á relevancia que os booktrailers atesouran para publicitar obras da literatura galega a través desta linguaxe audiovisual. Particularmente non podo estar máis de acordo, insistindo asemade na súa inestimable potencialidade  como recurso didáctico. O propio Bragado deseñaba un modelo de colaboración entre os sectores audiovisual e editorial que, ao meu ver, deitaría resultados fantásticos. Oxalá se materialice e poidamos velo en práctica.

              Mentres tanto permítome reproducir tres exemplos aquí de acabada factura  que   pertencen a outros tantos libros de Agustín Fernández Paz, Ramón Vilar Landeira e Dores Tembrás. Se un dos obxectivos que perseguen é convidar á lectura abofé que o conseguen.