"Día das Letras Galegas 2014. Xosé María Díaz Castro", Carmen Blanco e Xosé M. Salgado (coords.)

Carmen Blanco  e Xosé M. Salgado

Día das Letras Galegas 2014. Xosé María Díaz Castro

Universidade e Santiago de Compostela, Santiago,  237 páxinas,  20 €

Xusto é que a USC consagre un volume que homenaxee a Díaz Castro no seo da colección que cada ano dedica a quen a RAG designa para o Día das Letras. Editado con excelencia e coordinado por Carmen Blanco e Xosé M. Salgado, alén de diversas achegas ensaísticas, incorpora dúas alfaias: as reproducións facsimilares tanto do manuscrito autógrafo Follas verdes. Cantares e romances (1934) como da antoloxía bilingüe “Galiza/Galice”, da mostra poética Terre d´Espagne / Tierra de España (1968) da hispanista Françoise Pechère. Todo un luxo.

Esta recensión publicouse baixo o título de “Outras luces para o de Guitiriz” nas páxinas do suplemento “Fugas” de La Voz de Galicia, o 30 de maio de 2014.