Taboleiro do libro galego XXIII (do 1 ao 31 de maio)

Chega a quinta entrega deste 2014 do «Taboleiro do libro galego» que recolle, segundo os datos obtidos de quince librarías consultadas, as novidades editoriais máis vendidas en lingua galega ao longo do mes de maio. O meu agradecemento, nesta ocasión, ás seguintes librarías:  Librouro, Suévia, Carricanta, Biblos, Casa do Libro (Vigo), Andel,  Á lus do candil, Aira das Letras, Paz, Trama, Couceiro, Libros para soñar, Abrente e Lila de Lilith, ás que se suma, desde agora, Miranda de Bueu, á que lle dou  a benvida.

NARRATIVA

1º-. A viaxe de Gagarin, de Agustín Fernández Paz, Edicións Xerais.

2º-.   A voz do vento, de Pemón Bouzas, Edicións Xerais.

3º-. Intensa e quente é a túa humidade azul, de Xulio Pardo de Neyra, Edicións Positivas.

4º-.  Sete Caveiras, de Elena Gallego, Edicións Xerais.

5º-.   Maternosofia, de Inma López Silva, Editorial Galaxia.

6º-. A memoria da choiva, de Pedro Feijoo, Edicións Xerais.

 

POESÍA


1º-.  Nimbos, de Xosé María Díaz Castro, Editorial Galaxia.

2º-. Ningún amante saber conducirde Rosalía Fernández Rial, Positivas.

3º-. Eu violei o lobo feroz, de Teresa Moure, Através.

4º-. Dun lago escuro, de Marta Dacosta, Edicións Xerais.

5º-. A segunda lingua, de Yolanda Castaño, Pen Clube-Xunta de Galicia.

 

ENSAIO-TEATRO

1º-. A alternativa está aquí, de María Reimóndez, Edicións Xerais.

2º-. Politicamente incorreta. Ensaios para um tempo de pressas, de Teresa Moure,  Através.

3º-. Xavier Vence. Conversas, de Xan Carballa, Engaiolarte Edicións.

4º-. Contra a morte das linguas, de Miguel Moreira, Edicións Xerais.

5º-. Para que nos serve Galiza?, de Xaime Subiela, Editorial Galaxia.

 

XUVENIL


1º-. A illa de todas as illas, de Xabier P. DoCampo e Xosé Cobas, Edicións Xerais.

2º-. Ámote, Leo A. Estación de tránsito, de Rosa Aneiros, Edicións Xerais.

3º-. Recinto gris, de Ledicia Costas, Edicións Xerais.

4º-. O Castañeiro de abril, de Antonio Manuel Fraga, Edicións Xerais.

 

INFANTIL

1º-. O soño de Esther, de Miguel Ángel Alonso e Luz Beloso, Nova Galicia Edicións.

2º-. O Dragón que cambiaba de conto cada vez que esbirraba, de David Aceituno e debuxos de Miguelanxo Prado, El Patito Editorial.

3º-.  A burra Ramona, de Paula Carballeira (ilustracións de Xosé Tomás), Baía Edicións.

 

LIBROS CD-DVD


1º-. Brinca vai!, de Paco Nogueiras, ilustracións de David Pintor,  Kalandraka.

2º-. Na lingua que eu falo, de Najla Shami e Rosalía de Castro, Editorial Galaxia.

3º-. Pitusa semifusa, de Olga Brañas, ilustracións de Leandro Lamas, Editorial Galaxia.

-. Pan de millo, de Migallas, ilustracións de Dani Padrón, Kalandraka.

 

BANDA DESEÑADA

1º-. O bichero IV, de Davila, edición do autor.

2º-.  Ardalén, de Miguelanxo Prado, El Patito Editorial

 

OUTROS

1º-. Luzes, nº 6, maio 2014.

2 Comments

  1. Eu xa case rematei Intensa e quente é a túa humidade azul, e había tempo que non lía nada tan bo. Áxil, ben escrito, una boa lingua galega, imaxes excelentes, fartura exquisita, quente e maxia, moita maxia. En fin, o que se agarda dunha novela. A ver se aprenden outros e outras!

Os comentarios están pechados.