Cuestionario Proust: Ramón Blanco

Ramón-Blanco

Ramón Blanco 

1.– Principal trazo do seu carácter?
-Disperso.
2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?
-O sentido do humor.
3.– Que agarda das súas amizades?
-Que estean ben escollidas.
4.– A súa principal eiva?
-Cústame dicir “non”.
5.– A súa ocupación favorita?
-A comida, se pode ser cunha boa conversa.
6.– O seu ideal de felicidade?
-Primeira premisa: A felicidade é a ausencia de contratempos e preocupacións. Segunda premisa: A ausencia de contratempos e preocupacións é imposíbel. Conclusión: Polo tanto a felicidade é imposíbel.
7.– Cal sería a súa maior desgraza?
-Perder a miña parella.
8.– Que lle gustaría ser?
-O espectro de Robespierre acompañado de Madame Guillotina.
9.– En que país desexaría vivir?
-Nas Illas Caimán, para facer churrascadas cos veciños ilustres.
10.– A súa cor favorita?
-Amarela.
11. – A flor que máis lle gusta?
-Rododendro.
12.– O paxaro que prefire?
-Garza.
13.– A súa devoción na prosa?
-Enrique Vila-Matas ou Mircea Cărtărescu.
14.– E na poesía?
-Derek Walcott.
15. Un libro?
A conxura dos necios, de John Kennedy Toole.
16.– Un heroe de ficción?
-William “Will” Munny, interpretado por Clint Eastwood en “Sen perdón”.
17.– Unha heroína?
-Clarissa Dalloway (Mrs. Dalloway).
18.– A súa música favorita?
-Silvio Rodríguez e o rock anglosaxón dos setenta.
19.– Na pintura?
-Marc Chagall.
20.– Un heroe ou heroína na vida real?
-Fidel Castro.
21.– O seu nome favorito?
-Lucía.
22.– Que hábito alleo non soporta?
-A mala educación.
23.– O que máis odia?
-Os fillos de puta que se apropian do mundo impunemente.
24.– A figura histórica que máis despreza?
-O doutor Josef Mengele, “o anxo da morte” de Auschwitz.
25.– Un feito militar que admire?
-A derrota nazi en Stalingrado.
26.– Que don natural lle gustaría ter?
-A claridade.
27. – De que maneira lle gustaría morrer?
-De súpeto.
28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?
-Cismón.
29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?
-Certo grao de hipocrisía e covardía.
30.– Un lema na súa vida?
-“Entre a dor e a nada, escollo a dor” (W. Faulkner). Os meus amigos dirán que é: “Se o sei non veño”.

2 Comments

  1. Gostei da entrevista.

    Em pequenas perguntas se descobre o perfil das pessoas. Gostei da segunda premissa sobre a felicidade.

    Um abraço ao «inquiridor» para belas respostas daquele que está habituado a perguntar tendo em conta o oficio jornalístico de Ramón Blanco.

    Paz.

Os comentarios están pechados.