Cuestionario Proust: Agustín Agra

 Agustín Agra

1.– Principal trazo do seu carácter?
-A perseveranza.
2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?
-A bondade.
3.– Que agarda das súas amizades?
-Nada en especial, se acaso comprensión.
4.– A súa principal eiva?
-Entre outras moitas, a obsesión polo tempo (cronolóxico)
5.– A súa ocupación favorita?
-Correr, ler, ver cinema, viaxar, escribir …
6.– O seu ideal de felicidade?
-Poder facer acotío o que me gusta facer.
7.– Cal sería a súa maior desgraza?
-A desaparición dos meus.
8.– Que lle gustaría ser?
-O que son.
9.– En que país desexaría vivir?
-Descreo das fronteiras. Malia a iso, nesa Galiza utópica coa que moitas/os soñamos.
10.– A súa cor favorita?
-Non teño. A cousa vai máis de contrastes, luces, texturas …
11. – A flor que máis lle gusta?
-Os estraloques (Digitalis purpurea), de velenosa beleza.
12.– O paxaro que prefire?
-O merlo.
13.– A súa devoción na prosa?
-Non son de devocións pero confeso que sempre volvo a Borges e a Xavier Queipo.
14.– E na poesía?
-O mesmo con Kavafis e Avilés de Taramancos.
15.- Un libro?
-Son incapaz de dicir só un.
16.– Un heroe de ficción?
-Son pouco de heroes. Atticus Finch quizais.
17.– Unha heroína?
-Tampouco de heroínas.
18.– A súa música favorita?
-World music.
19.– Na pintura?
-Klee, Rothko, Seoane, Lugrís…
20.– Un heroe ou heroína na vida real?
-A miña nai.
21.– O seu nome favorito?
-Antón, Carme.
22.– Que hábito alleo non soporta?
-A prepotencia.
23.– O que máis odia?
-O dogmatismo, a intolerancia, a crueldade…
24.– A figura histórica que máis despreza?
-Difícil escolla; moi extensa a listaxe dos feixistas.
25.– Un feito militar que admire?
-Nada hai de admirar nos feitos militares. Si admiro a afouteza coa que os “paseados” afrontaron aos seus asasinos ou a dos sublevados no gueto de Varsovia.
26.– Que don natural lle gustaría ter?
-O da ubicuidade, pero moi natural non é.
27. – De que maneira lle gustaría morrer?
-Sereno e cos soños intactos.
28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?
-Tectónico, como una placa litosférica.
29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?

30.– Un lema na súa vida?
-Non son de lemas, fánseme un tanto dogmáticos.

1 Comment

Os comentarios están pechados.