"Ningún amante sabe conducir", de Rosalía Fernández Rial

Rosalía Fernández Rial

Ningún amante sabe conducir

Positivas, Compostela, 56 páxinas, 7 €

 

Rosalía Fernández Rial (Carballo-Muxía, 1988) contribúe a alentar e vivificar con solidez o noso discurso poético e faino cun libro coma este, que abraza certa rebeldía e irreverencia e que se acaroa a algo así como unha “road movie” literaria que dialoga con diversos xéneros, tripa con convicción camiños -léanse estradas- como as que conducen ao desexo e ao erotismo, interseccionando entre si  para erixir unha suxestiva e ricaz metáfora da propia vida e de nós mesmos. Kerouac, talvez, sorriría satisfeito.

Esta recensión publicouse, o 6 de xuño de 2014,  nas páxinas do suplemento “Fugas” de La Voz de Galicia, baixo o título de “Unha “road movie” literaria”.