Os Xerais 2014

Hoxe fállanse os Premios Xerais 2014 na illa de Simón. Un longo período, sospeito que pragado de moito traballo, dúbidas e incertezas por parte das persoas que integraron os xurados, chega ao seu final e  posibilitará que tres voces centralicen con xustiza parte da atención literaria galega  e ocupen os espazos que nas  tres categorías (Premio Merlín de Literatura Infantil, Premio Xerais de NovelaJules Verne) lles corresponden. Nesta ocasión o acto conducirase, como é adoito, por Celia Torres, no  que participará como mantedor o escritor Xavier Senín e, como músicos convidados, “Puntada sen fío”.

      Como é sabido a cerimonia da entrega destes galardóns é sempre algo máis pois ofrece a posibilidade de tomarlle o pulso á actualidade literaria e cultural de noso, facilita un proceso de reafirmación colectiva de fe depositada na nosas letras e nos nosos libros, algo que de cando en vez  resulta moi preciso realizar. Por todo isto San Simón, esa illa da espera da cantiga de Mendinho, convértese por unhas horas na illa da esperanza, dos encontros e dos afectos. Grazas  a quen anualmente propicia todo isto.