Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Cuestionario Proust: Bernardo Atxaga

Bernardo Atxaga

1.– Principal trazo do seu carácter?
-Son serio.
2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?
-O bo humor.
3.– Que agarda das súas amizades?
-Proximidade.
4.– A súa principal eiva?
-Tendencia a prometer demasiadas cousas.
5.– A súa ocupación favorita?
-Escribir.
6.– O seu ideal de felicidade?
–A xuventude eterna. Falo da alma.
7.– Cal sería a súa maior desgraza?
-Aceptar un cargo político ou un posto universitario.
8.– Que lle gustaría ser?
-Escritor.
9.– En que país desexaría vivir?
-Estou ben aquí.
10.– A súa cor favorita?
-O branco.
11. – A flor que máis lle gusta?
-A flor da maceira.
12.– O paxaro que prefire?
-“Urtxoria” , “buztanikara” (lavandeira, pastoriña).
13.– A súa devoción na prosa?
-Pushkin.
14.– E na poesía?
-Bertolt Brecht.
15.- Un libro?
Poemas e cancións (Bertolt Brecht).
16.– Un heroe de ficción?
-Aquiles, porque, como escribiu Hölderlin, tiña coñecemento da morte e era melancólico.
17.– Unha heroína?
– Antígona.
18.– A súa música favorita?
-Piano, guitarra, guitarra eléctrica, trompeta.
19.– Na pintura?
-Malevich.
20.– Un heroe ou heroína na vida real?
Marc Bloch.
21.– O seu nome favorito?
– Elisabet, Sara, Simón, Candela, Imanol.
22.– Que hábito alleo non soporta?
-O de xeneralizar (“Imos pasalo de medo vendo o Mundial de fútbol” etc.)
23.– O que máis odia?
– O razoar dos conversos.
24.– A figura histórica que máis despreza?
-El-rei Leopoldo II de Bélxica (en xeral, a todas as estrelas da, así chamada,
Belle Époque).
25.– Un feito militar que admire?
-Faláronme ben de Aníbal e da batalla de Cannas.
26.– Que don natural lle gustaría ter?
-O de debuxar e pintar.
27. – De que maneira lle gustaría morrer?
-Se non queda outro remedio que morrer, que sexa por sorpresa.
28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?
-Tendo a ser sombrío, pero loito contra esa tendencia.
29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?
-O que o son por exceso. O que desbalde a súa fortuna (como o Sr. Ponder de Eudora Welty) é moito mellor que o coreño de Dickens.
30.– Un lema na súa vida?
-“O meu mundo non é deste reino” (era o de Gabriel Aresti).

Advertisements

Un comentario en “Cuestionario Proust: Bernardo Atxaga

  1. Pingback: Cuestionario Proust: Bernardo Atxaga | ::Axenda cultural AELG::

Os comentarios están pechados.

Información

Esta entrada foi publicada o 13 Xuño 2014 por en Divulgación,Literatura , .

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: