Maria
O Figurante Edicións, Compostela, 103 páxinas, 14 €
Eli Ríos (Londres, 1967), que publicou hai pouco Anamnese (premio “Lueiro Rey” de poesía) e acadou o “Francisco Añón” con Doe tanto a túa ausencia, amosa neste Maria a vontade de reconstruír e visibilizar, máis alá da figura de María Soliña, a vida e angueiras das mulleres homónimas que cangan co peso da historia. Versos que son espellos inseridos nunha estrutura cabalística, operativos para viaxar no tempo e reflectir doses de rebelión e denuncia nesa loita silente e oculta que vai do individual ao colectivo.
Este texto publicouse nas páxinas do suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, o 13 de xuño de 2014, baixo o título de “Versos como espellos”.
1 Comment
Os comentarios están pechados.