Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Manuscrito: Xoán Manuel Pintos

Xoán Manuel Pintos cumpriu un papel fundamental na formación filolóxica que un ten, compartida por un bo grupo de persoas que, polos finais dos oitenta, pasamos pola antiga Facultade de Filoloxía compostelá de Mazarelos pois A gaita gallega foi obxecto de moitas horas de estudo e de cumprida análise lingüística. Hoxe lembra un con saudade aquel período como tamén a oportunidade que se me brindou, no 2002, de coordinar unha excelente edición do mesmo libro, a cargo de Carme Hermida, no seo da Biblioteca das Letras Galegas de Edicións Xerais.

     E volvo bater hoxe felizmente co autor pontevedrés ao incorporar neste espazo un texto manuscrito seu -ben pouco divulgado- como é o poema “Bieito e Manuela”, publicado en Corona fúnebre á la memoria del Sr. D. Antonio Valenzuela Ozores  (imprenta del Siglo, Pontevedra, 1868, pp. 65-66), cuxo orixinal está depositado  nos fondos da Fundación Penzol, a quen reitero a miña gratitude, neste caso pola cesión deste manuscrito.

Advertisements

Un comentario en “Manuscrito: Xoán Manuel Pintos

  1. Pingback: Manuscritos: Xoán Manuel Pintos | ::Axenda cultural AELG::

Os comentarios están pechados.

Información

Esta entrada foi publicada o 17 Xuño 2014 por en Literatura galega,Manuscrito , , .

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: